2.5 Repercusións ambientais da produción e do consumo de enerxía
Obter, transportar e consumir enerxía produce provoca adversos no ambiente e, con frecuencia, alteracións no contorno natural. Outras veces ocasionan accidentes que contaminan o medio. En Galicia coñecemos os dos petroleiros que continuamente cruzan as nosas costas: Polycommander (Vigo, 1970), Urquiola (A Coruña, 1976), Andros Patria (Illas Sisargas, A Coruña, 1976), Mar Exeo (A Coruña, 1992) e Prestige (Galicia, 2002).
![]() |
|
|
O petróleo transpórtase en petroleiros que poden sufrir accidentes, verter o petróleo e producir mareas negras que dan lugar a desastres ecolóxicos, humanos e económicos.
Outros efectos ambientais negativos
- Aumento do efecto invernadoiro. Debido á alta liberación de dióxido de carbono á atmosfera, coa combustión dos combustibles fósiles. Este gas provoca un aumento do efecto invernadoiro natural. A terra quece máis do normal e prodúcense o cambio climático (fusión das zonas polares e aumento dos desastres naturais, como inundacións e secas prolongadas).
- Chuvia ácida. Resultado das emisións contaminantes, fórmanse ácidos que caen ao chan cando chove ou neva, en forma de chuvia ácida, que é altamente contaminante para a vida tanto no mar como na terra.
- Problemas de saúde. Coa contaminación do aire aumentan os problemas respiratorios da poboación, como asma e bronquite, e outro tipo de problemas, como alerxias, trastornos dixestivos e problemas de corazón.
|
Fase do proceso |
Agresións ao medio |
|
En minas: erosión do terreo, destrución da paisaxe, accidentes e enfermidades para os traballadores, creación de residuos. |
|
Perda de terreos valiosos para a agricultura; alteración do ecosistema local. Asolagamento de vivendas e pobos. |
|
Verteduras de auga contaminada e outros líquidos aos ríos, mares e lagos. |
|
Contaminación por derrames e accidentes (mareas negras). |
|
Produción de residuos da combustión do carbón e do fuel óleo: CO2 (efecto invernadoiro), SO2 (chuvia ácida), elevación da temperatura da auga provocada pola refrixeración das centrais (alteracións nos ecosistemas próximos); xeración de residuos nucleares e emisión de partículas radioactivas que escapan das centrais nucleares. |
Actividade proposta
S18. Cales son as principais repercusións ambientais debidas á produción e ao consumo de enerxía?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
