Saltar navegación

2.2 Ampliación dos naturais aos enteiros pola necesidade da utilización dos negativos

Para expresarmos a posición dun obxecto respecto ao nivel do mar, estando por baixo da superficie, non abondarían os números naturais; precisariamos os números negativos.

  • Temos un termómetro que nos marca a temperatura do ambiente

Se estamos a oito graos centígrados

 

====>

+ 8

Número natural

Se estamos a oito baixo cero

- 8

Número negativo

Chamaremos números negativos aos que están por debaixo de cero, van precedidos dun signo menos e, xunto cos naturais, forman o conxunto dos números enteiros.

Xa que logo, os números enteiros están formados por:

  • Enteiros negativos: -5, -4, -3, -2, -1
  • Enteiros positivos: +1, +2, +3, +4, +5
  • Numero 0

Diremos que -8 e +8 son números opostos. O valor absoluto  dun número enteiro a é o natural que resulta de quitarlle o signo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0