Saltar navegación

6.2 Solucións das actividades complementarias

S34.             

O aire está formado principalmente por nitróxeno e osíxeno, e outros gases como dióxido de carbono, vapor de auga e metano.

S35.             

  • O efecto invernadoiro prodúcese polo aumento de temperatura que provocan as emisións de dióxido de carbono na atmosfera.
  • A destrución dos bosques provoca un aumento de dióxido de carbono, xa que as plantas que forman o bosque non realizarían a fotosíntese, que toman o dióxido de carbono da atmosfera e producen osíxeno, provocando o aumento de dióxido de carbono na atmosfera, e polo tanto o aumento de temperatura da Terra.

S36.             

  • O nitróxeno algunhas plantas asimílano para fabricaren os compoñentes básicos das proteínas. Estas incorpóranse ao resto dos seres vivos a través das cadeas alimentarias.
  • O osíxeno cáptase polo sistema respiratorio dos animais e polas follas das plantas para levar a cabo a respiración.
  • O dióxido de carbono é captado a través das follas das plantas para realizar a fotosíntese.

S37.             

Non habería os gases de nitróxeno, osíxeno e dióxido de carbono que son imprescindibles para os seres vivos, e extinguiríase a vida na terra. As diferenzas de temperatura entre o día e a noite serían tan grandes que ningún ser vivo podería sobrevivir sobre a súa superficie. Sen a atmosfera tampouco se protexerían os seres vivos das radiacións solares nocivas, o que provocaría doenzas mortais como o cancro de pel.

S38.             

4,4 < 4,98 < 5 < 5,0004 < 5,004 < 5,024 < 5,04 < 5,4

6,5 < 6,87 < 7 < 7,0003 < 7,003 < 7,03 < 7,037 < 7,3

S39.             

3/5 = decimal exacto.

9/14 = periódico mixto.

57/20 = decimal exacto.

8/11 = periódico puro.

25/24 = periódico mixto.

4/3 = periódico puro.

S40.             

  • 14/5
  • -7
  • 632/525   

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0