Saltar navegación

6.1 Solucións das actividades propostas

S1.

S2.

Así que a resposta é o segundo

S3.

Procuramos o mcm e transformamos as fraccións en fraccións equivalentes.

Comparándomos as novas fraccións vemos que Suecia resulta o maior.

 

S6.    

 

S7.

 

 

S8.

 

S9.

sería a fracción do total

aprobaron

eran mulleres

S10.             

Haberá máis presión atmosférica no nivel do mar.

 

S11.             

O vento faise polo movemento das masas de aire a diferenzas de temperatura.

A enerxía que lle dá orixe ao seu movemento é o sol.

S12.             

O tipo de precipitacións depende da temperatura do aire das nubes.

 

S13.             

 

  •  En que zonas están localizadas as borrascas?

–     Sobre o suroeste de Europa.

  •  Cara a onde se despraza a fronte fría? E a quente?

–     A fonte fría desprazase cara África e a quente cara ao oeste de Italia.

  •  Hai en Gran Bretaña ceo despexado ou risco de precipitacións? E en España?

–     En Gran Bretaña hai ceo despexado ao estar afectada por un anticiclón, entanto que en España pode haber risco de precipitacións.

  •  Onde é maior a forza do vento, en España ou en Gran Bretaña?

–     A forza do vento é maior en España, por ter as isóbaras máis próximas.

 

 

S14.             

  •  Aforrar enerxía.

–     Apagar a luz cando non se necesite.

–     Usar lámpadas de baixo consumo.

–     Usar sempre que se poida medios de transporte públicos e non contaminantes.

  •  Non utilizar aerosois que conteñan CFC.
  •  Reducir o consumo de materiais innecesarios como envoltorios.
  •  Facilitar a reciclaxe do papel, o plástico e o vidro, e os residuos perigosos como as pilas. separándoos e depositándoos no colector axeitado.

 

S15.             

  •  Contén os gases necesarios para que as plantas realicen a fotosíntese. Das plantas depende directa ou indirectamente o resto dos seres vivos.
  •  Achega o osíxeno que precisamos para respirar.
  •  Filtra os raios ultravioleta, grazas á capa de ozono da estratosfera.
  •  Ademais da protección da atmosfera fronte ás radiacións, tamén impide a caída na superficie terrestre da maioría dos meteoritos. Ao chegaren á termosfera, impactan co seus gases e dan lugar ás estrelas fugaces.
  •  Regula a temperatura da Terra, ao manter unha temperatura media de 15ºC, pola acción do vapor de auga e o dióxido de carbono, que fan o efecto do cristal dun invernadoiro: polo día deixan pasar as radiacións que proceden directamente do Sol, pero reflicten e devolven á superficie terrestre as que proceden do chan. De non existir un efecto invernadoiro natural, a Terra estaría conxelada e a temperatura media sería -18 ºC.
  •  Permite a formación de nubes que leva a auga aos continentes.

S16.             

  •  A temperatura global da superficie da terra está a aumentar polo incremento do dióxido de carbono. A queima de combustibles fósiles polos procesos industriais é, con moito, a principal causa do aumento nas concentracións de dióxido de carbono na atmosfera, ao que hai que engadir os procesos de deforestación.
  •  O fenómeno coñécese como cambio climático.
  •  As posibles consecuencias máis salientables son:

–     Aumento e intensidade dos procesos meteorolóxicos extremos.

–     Retroceso dos glaciares.

–     Ascenso do nivel do mar

–     Alteración dos ecosistemas.

S17.             

Nos inicios da Revolución Industrial, a finais dos anos 1.700, a cantidade de CO2 empezou a aumentar, e alcanzou os valores máximos nos últimos 50 anos.

No escaso tempo transcorrido desde a industrialización, liberáronse grandes cantidades de CO2 procedentes da combustión de carbón, petróleo e gas.

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0