Saltar navegación

5. Exercicios de autoavaliación

 

Pregunta

1. O efecto invernadoiro natural débese a:

Respostas

O ozono.

O vapor de auga e o dióxido de carbono.

O osíxeno.

Non hai efecto invernadoiro natural.

Pregunta

2. Cal non é un fenómeno meteorolóxico?

Respostas

O vento.

A presión atmosférica.

A sarabia.

A altitude.

Pregunta

3. Nun mapa meteorolóxico, unha liña azul con triángulos representa:

Respostas

Unha zona de baixas presións.

Unha fronte cálida.

Unha fronte fría.

Unha zona de anticiclóns.

Pregunta

4. A capa da atmosfera máis próxima á Terra e onde ten lugar a maioría dos fenómenos atmosféricos é a:

Respostas

Mesosfera.

Troposfera.

Estratosfera..

Pregunta

5. A brisa diúrna sopra:

Respostas

Desde o mar cara á Terra.

Desde a Terra cara ao mar.

Desde o norte cara ao Sur.

Pregunta

6. A destrución da capa de ozono cáusaa principalmente:

Respostas

O dióxido de carbono.

Os clorofluorocarbonados.

O osíxeno e o nitróxeno.

Pregunta

7. O gas máis abundante no aire é:

Respostas

Osíxeno.

Dióxido de carbono.

Nitróxeno.

Dióxido de xofre.

Pregunta

8. Os contaminantes que producen a choiva ácida son:

Respostas

Dióxido de carbono e o dióxido de xofre.

Os óxidos de xofre e de nitróxeno.

O ozono e o dióxido de xofre.

Os raios ultravioleta.

Pregunta

9. Dous puntos que se achan na mesma isóbara teñen igual:

Respostas

Presión atmosférica.

Temperatura.

Milibares.

Borrascas.

Pregunta

10. As zonas de alta presión denomínanse:

Respostas

Anticiclóns.

Higrómetros.

Milibares.

Borrascas.

Pregunta

11. O barómetro é unha clase de :

Respostas

Termómetro, pois mide a temperatura.

Higrómetro, pois mide a humidade relativa.

Anemómetro, pois mide a velocidade do vento.

Manómetro, pois mide un tipo de presión.

Pregunta

12. Se a isóbara de 1.036 mb é unha liña pechada rodeada pola isóbara de 1.032 mb, trátase de

Respostas

Unha fronte fría.

Unha fronte cálida.

Unha borrrasca.

Un anticiclón.

Pregunta

13. A fracción 7/16 é:

Respostas

Decimal exacto.

Periódico mixto.

Periódico puro.

Pregunta

14. Cal é o número decimal de 5/100?:

Respostas

0,5

0,05

0,0005

Pregunta

15. Cal é o número decimal de un e trinta e sete centésimos?

Respostas

1,37

13,7

137

0,137

Pregunta

16. Calcule (14/-5): (-21):

Respostas

2/15

3/15

294/21

Pregunta

17. Realice a operación 1/6 : (4/3 – 2/5):

Respostas

5/16

5/17

8/16

Pregunta

18. Realiza a operación 3/20 – 8/15 + 37/30:

Respostas

17/20

17/25

15/20

Pregunta

19. Tiña aforrados 18 euros. Para mercar un xoguete sacou 1/4 dos cartos da hucha. Canto custou o xoguete?:

Respostas

8 euros.

9 euros

15 euros.

Pregunta

20. Resolva a fracción 1/6 : (4/3 . 2/5):

Respostas

5/16

7/16

8/16

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0