Saltar navegación

2.4 A atmosfera terrestre

A atmosfera é a capa de gases que envolve un planeta e se mantén unida a este por efecto da gravidade. Na Terra está composta por unha mestura de gases denominada aire. No noso planeta sería imposible a existencia de vida sen a atmosfera.

A atmosfera terrestre está composta por aire seco, unha mestura de gases en proporcións máis ou menos constantes de nitróxeno, osíxeno e dióxido de carbono. Ademais contén outros gases en proporcións variables como se reflicte na táboa seguinte:

  • Nitróxeno: 78 % do total do aire

 
  • Osíxeno: 21 % do total do aire

  • Dióxido de carbono: 0, 033 % do total do aire

  • Ademais pode conter ata un 4 % de vapor de auga e tamén unha proporción variable de gases nobres (argon, cripton, neon e helio), hidróxeno e ozono (unha variante do osíxeno)

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0