2.4.3 Clima e tempo atmosférico
- Tempo atmosférico. Chamámoslle así ao estado da atmosfera nun momento dado e nunha zona determinada: condicións de temperatura, humidade, vento, etc.
- Clima. O clima é un conxunto de fenómenos meteorolóxicos que caracterizan unha determinada rexión durante un longo período. O clima será, xa que logo, a sucesión periódica e a síntese do tempo meteorolóxico ao longo dun período moi longo. Ao contrario que este, as súas características son máis duradeiras e estables.
Estudo do tempo atmosférico. Mapas meteorolóxicos
|
Os meteorólogos son os científicos que estudan o tempo atmosférico. Empregan instrumentos meteorolóxicos similares aos xa descritos, reunidos nas estacións meteorolóxicas. Ademais, utilizan os datos chegados polos satélites meteorolóxicos. |
![]() |
|
Os instrumentos reúnense en estacións meteorolóxicas |
Esta información represéntase nos mapas do tempo. O primeiro que fai un meteorólogo ao confeccionar o mapa do tempo é trazar as isóbaras, que forman debuxos característicos:
- Anticiclóns (representados por un A): neles a presión aumenta cara ao seu centro e adoitan ir asociados a situacións de bo tempo.
- Borrascas (representadas por un B): nelas a presión diminúe cara ao centro porque o aire tende a ascender. Adoitan ir asociadas a situacións de chuvia ou de neve.
O vento móvese desde os anticiclóns ata as borrascas: desde as zonas de alta presión ás de baixa presión. O aire xira arredor dos anticiclóns no mesmo sentido que as agullas do reloxo, entanto que ocorre o contrario nas borrascas (no hemisferio Sur é á inversa). Canto máis próximas estean as isóbaras nun mapa, máis velocidade ha ter o vento, xa que a masa de aire se move con máis rapidez entre as zonas de altas e de baixas presións.
Outros elementos dos mapas do tempo son as frontes, que constitúen a fronteira entre dúas masas de aire que teñen distinta temperatura.
- Frontes frías: represéntanse cunha liña continua azul ou negra con triángulos que sinalan cara a onde avanza a fronte.
- Frontes cálidas: represéntanse por unha liña continua vermella ou negra con semicírculos que sinalan cara a onde se dirixe a fronte.
Actividades propostas
S13. Interprete o seguinte mapa do tempo:
![]() |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

