2.4.2 Fenómenos atmosféricos
A atmosfera compórtase como unha xigantesca máquina térmica impulsada pola enerxía solar. Nela teñen lugar os fenómenos meteorolóxicos: vento, nubes e precipitacións.
![]() |
![]() |
|
A velocidade do vento mídese co anemómetro |
E a súa dirección mídese co catavento |
- Vento. Son masas de aire que se moven debido a diferenzas de temperatura. O Sol quenta a superficie da Terra, o aire en contacto con ela quece á súa vez; faise mais máis lixeiro que o frío, polo que tende a ascender, e ese lugar vai ser ocupado por masas de aire máis frío, procedentes das capas altas que descenden cara á superficie.
Hai ventos que se producen de xeito periódico, como a brisa costeira, que durante o día sopra desde o mar cara á terra e pola noite desde a terra cara ao mar.
– Brisa mariña diúrna: a terra, pola presenza do Sol, quece máis rápido que o mar durante o día. O aire quente que vén da terra elévase e diríxese cara ao mar, e substitúese polo aire frío do mar.
– Brisa mariña nocturna: á noite prodúcese o contrario. A terra está máis fría que o mar, o que fai que o aire frío baixe e se dirixa ao mar. O aire mariño, máis quente, elévase e substitúese polo aire frío da terra.
![]() |
![]() |
|
Brisa mariña diúrna |
Brisa mariña nocturna |
- Presión atmosférica. É a presión que exerce o aire sobre a superficie terrestre.
|
En zonas onde o aire cálido sobe créanse unhas zonas superficiais de baixa presión (borrascas), e onde o aire frío baixa créanse zonas de alta presión (anticiclóns). Para o representar únense os puntos coa mesma presión atmosférica formando liñas (isóbaras). |
![]() |
|
A presión atmosférica mídese co barómetro |
- Nubes e precipitacións. O aire adoita conter sempre algo de humidade en forma de vapor de auga.
|
As nubes fórmanse cando o aire quente e húmido ascende e, ao alcanzar as capas altas da troposfera, arrefría. Como o aire frío non pode conter tanto vapor de auga como o aire quente, o exceso condénsase en pinguiñas microscópicas que, ao acumulárense, forman as nubes. Estas vanse reunindo unhas coas outras e forman pingueiras cada vez maiores. Cando as pingas de auga se fan demasiado grandes para sustentarse no aire, caen pola gravidade e dá lugar ás precipitacións (chuvia, neve ou sarabia). |
![]() |
|
As precipitacións mídese co pluviómetro |
– Chuvia. É unha precipitación líquida. Cando no interior dunha nube hai correntes de aire, as pingas de auga chocan entre si e forman pingas máis grandes co peso suficiente para caeren en forma líquida.
– Neve. Cando a temperatura do aire é inferior a 0ºC, as gotiñas das nubes forman microcristais de xeo en forma de estrela. Estas, ao unírense, forman as folerpas e comeza a nevar.
– Sarabia. É unha precipitación de grans de xeo orixinados cando o vento é forte e as temperaturas moi baixas. Os fortes ventos levan as pingas de chuvia ata zonas altas e frías, de xeito que ao conxelárense dan sarabia ou pedrazo.
Actividades propostas
S11. Como se fai o vento? Cal é a orixe da enerxía que permite o seu movemento?
S12. De que depende que as precipitacións sexan de chuvia, de sarabia ou de neve.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0





