2.4.1 Estrutura da atmosfera
A atmosfera pode chegar a ter nalgunhas zonas ata 1.000 km de grosor desde a superficie terrestre. Pola súa estrutura e composición podemos distinguir as seguintes capas ou rexións:
- Heterosfera: é a zona máis externa da atmosfera e abrangue as seguintes capas: exosfera, termosfera e mesosfera.
- Homosfera: comprende a estratosfera e a troposfera.
-
-
Exosfera: É a capa externa da atmosfera, é unha capa moi lixeira pero retén moitas das partículas que proveñen do Sol.

-
-
-
Termosfera ou ionosfera: alcanza unha altura de 500 km e nela case non hai gases. Nesta capa reflíctense as ondas de radio e televisión, que despois se devolven á Terra. Nela localízanse as órbitas dos satélites artificiais. Denomínase iosnosfera pola abundancia de partículas cargadas de electricidade que contén.
-
Mesosfera: esténdese entre os 80 e os 50 km, nesta capa prodúcense as estrelas fugaces, pola desintegración de meteoritos o atravesala.
-
-
-
Estratosfera: esténdese desde a troposfera ata unha altura de 50 km. Nesta capa atópase a capa de ozono que absorbe as nocivas radiacións ultravioleta emitidas polo Sol, actuando como un filtro protector para os seres vivos.
-
Troposfera: a máis achegada á Terra, cun grosor medio de 12 km; contén a maioría dos gases da atmosfera e case todo o vapor de auga. Nela orixínanse as nubes e fenómenos meteorolóxicos coñecidos. A súa composición achega gases necesarios para o desenvolvemento da vida.
-
Actividade resolta
Cando subimos ao cumio dunha montaña por que se di que o aire está "enrarecido"?
-
Solución
Porque a maior parte da masa do aire está nas zonas baixas atraído pola gravidade da Terra e está como “esmagado” polo seu propio peso (presión) e, canto máis ascendemos, a masa de aire que queda por riba vai diminuíndo; o aire atópase menos comprimido e faise máis tenue e lixeiro.
Actividade proposta
S10. Onde hai máis presión atmosférica, no cumio dunha montaña ou a nivel do mar?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0