Saltar navegación

2.1.3 Comparación de fraccións

  • Co mesmo denominador. De varias fraccións co mesmo denominador é menor a que ten menor numerador.

  • Co mesmo numerador. De varias fraccións co mesmo numerador é menor a que ten maior denominador.

  • Con distintos numeradores e denominadores. En calquera caso, para compararmos fraccións sempre podemos reducilas a común denominador.

1. Eliximos un múltiplo dos denominadores, por exemplo o m.c.m.

2. Amplificamos todas as fraccións utilizando este denominador.

3. Comparamos o resultados.

Nun test, Anxo acertou 10 de cada 12 preguntas e Paulo 7 de cada 9, quen acertou máis?

 Só podemos comparar:

buscando as fraccións equivalentes de igual denominador.

O primeiro múltiplo común de 12 e 9 é 36.

                

Vemos agora que Anxo respondeu máis preguntas que Paulo.

 

Actividades resoltas

Escribamos as fraccións correspondentes a:

  • Medio quilo de laranxas

 

 

  • Dous terzos da clase

 
  • Tres cuartos de hora

 
  • Tres quintos de auga

 

 Comprobe se as seguinte fraccións son equivalentes:

 

 

  xa que 2 ·4 é distinto de 3·3

 

xa que 4·18 = 9·8

 

  xa que 2·10 =5·4


 

 

Actividades propostas

S1.            Se a capacidade dun cine é de 600 espectadores e un sábado están ocupados os tres quintos das butacas. Cantas persas hai no cine?

S2.           Roberto fallou tres penaltis de 31 e Carlos 4 de 32, quen ten máis efectividade?

S3.            Na táboa seguinte, vese o numero de parlamentarias europeas por países, respecto dos seus parlamentos. Ordene os países segundo a participación feminina nos seus respectivos parlamentos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0