2.1.2 Amplificación e simplificación de fraccións
Amplificar unha fracción é achar outra fracción equivalente con termos maiores. Podémolo facer multiplicando numerador e denominador por un mesmo numero, distinto de 0.
Todas as fraccións seguintes son equivalentes, xa que representan o mesmo numero.
Simplificar unha fracción é achar outra fracción equivalente con termos menores. Simplifícase dividindo numerador e denominador por un mesmo número, distinto de 0.
Repare en que, nas fraccións seguintes, a derradeira fracción non se pode simplificar máis: chámase fracción irredutible.
Actividade resolta
Dadas as fraccións indicadas, amplificámolas a fraccións que teñan por denominador 24.
Achamos as fraccións irredutibles de:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0