Saltar navegación

1.1 Descrición da unidade didáctica

Nesta unidade estudaremos a utilización de fraccións e decimais e contextos cotiáns; así poderemos saber como expresarnos no resultado dunha repartición e como facemos media xornada de traballo, e veremos a relación de fraccións e decimais. Por último estudaremos as operacións con fraccións, suma, resta, produto e cociente.

Na segunda parte do tema explícase a atmosfera terrestre salientando que a súa estrutura e a súa composición a fan idónea para a vida. Séguese cos compoñentes básicos do tempo atmosférico e, para finalizar, analízase o impacto que as actividades humanas están a provocar nela, e as súas consecuencias.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0