Internet. Os números enteiros. Estrutura da Terra.
2.2 Ampliación dos naturais aos enteiros pola necesidade da utilización dos negativos
Para expresarmos a posición dun obxecto respecto ao nivel do mar, estando por baixo da superficie, non abondarían os números naturais; precisariamos os números negativos.
|
Se estamos a oito graos centígrados |
====> |
+ 8 |
Número natural |
|
Se estamos a oito baixo cero |
- 8 |
Número negativo |
Chamaremos números negativos aos que están por debaixo de cero, van precedidos dun signo menos e, xunto cos naturais, forman o conxunto dos números enteiros.
Xa que logo, os números enteiros están formados por:
- Enteiros negativos: -5, -4, -3, -2, -1
- Enteiros positivos: +1, +2, +3, +4, +5
- Numero 0
Diremos que -8 e +8 son números opostos. O valor absoluto dun número enteiro a é o natural que resulta de quitarlle o signo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0