2.1.4 Como pasar un antivirus e como instalar unha impresora
Ás veces as conexións a internet poñen en perigo o seu computador, polo que é imprescindible estar protexido. Debe saber pasar un antivirus, ou baixar un gratuíto da rede. E tamén realizar tarefas útiles, como instalar hardware mínimo, impresora, escáner e cámara.
Tamén convén ter copias de seguridade do traballo que se estea a facer. Pode realizar varios tipos de copias de seguridade, para o que se poden seguir dous camiños. O máis sinxelo é co asistente para copia de seguridade ou restauración, que guía paso a paso todo o proceso. Outro é o modo avanzado, máis complexo. Convén saber onde imos gardar esas copias e ter preparado o soporte.
Na actualidade, para instalar novo hardware abonda con introducir os discos do hardware e seguir os pasos; na maior parte dos casos faise de xeito automático. Se se trata dunha impresora, terá que facer a conexión á rede eléctrica, e algúns discos ríxidos externos tamén a necesitan, así como os escáners.
Como instalar un antivirus
Para instalarmos un antivirus podemos acudir no mercado a unha variedade de marcas comercias que nos ofrecen o seu produto nun CD, para instalar no computador. Con todo, na actualidade podemos comprar na rede un antivirus, que baixaremos directamente ao noso computador, seguindo os pasos que nos indique a casa comercial despois de pagar o prezo correspondente. Outra opción e baixarnos da rede un antivirus gratuíto, en xeral non teñen tanta cobertura como os outros, e o nivel de protección é sempre menor.
Para instalar un antivirus gratuíto, acudiremos a unha páxina que nolo ofreza, ou ben a través dun buscador escolleremos a opción máis axeitada. Dentro da páxina, buscaremos a opción de baixar o produto e este instálase automaticamente no noso computador.
Como facer copias de seguridade
Para facermos copias de seguridade dun cartafol, debemos facer unha copia del. Podemos colocala nunha memoria externa, ou nun servidor, caso de estar conectados en rede. Podemos copiala cun programa se a colocamos nun CD ou DVD, ou ben copiar e pegar se a colocamos nunha unidade USB ou noutro computador.
Actividades propostas
S5. Dea os pasos para instalar unha impresora no seu equipamento. Se vai a Panel de control, ten unha icona para engadir hardware. Ten un asistente que lle ha servir de axuda.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0