2.3.2 Suma, resta, multiplicación e división de números naturais
Suma e resta de números naturais
Para sumarmos números naturais, sumamos as cifras da mesma orde. Cando o resultado da suma pasa de 9, facemos o cambio de unidade.
Para restarmos dous números naturais, restamos números da mesma orde. Cando hai menos unidades da mesma orde no minuendo que no subtraendo, descompomos unha unidade de orde superior.
Multiplicación e división de números naturais
A multiplicación é unha forma abreviada e calcular a suma de varios sumandos iguais.

Na división distinguiremos división exacta e división enteira. Se dividimos 32 : 4 = 8, será unha división exacta, xa que non sobra nada. Se dividimos 32 : 6 = 5 e queda un resto de 2; isto será unha división enteira.
-
-
División exacta
Dividendo = divisor x cociente
-
División enteira
Dividendo = divisor x cociente + resto
-
Cando temos varias operacións seguidas, primeiro realízanse as parénteses, logo as multiplicacións e as divisións, de esquerda a dereita, e por último as sumas e as restas.
Potencias. Propiedades das potencias
Unha potencia é unha forma abreviada de expresar unha multiplicación de factores iguais.
As potencias de expoñente 2 chámanse cadradas e as de expoñente 3 cubos. Xa que logo, se temos 52 diremos 5 elevado ao cadrado, e se temos 73, diremos 7 elevado ao cubo. Un caso especial son as potencias de 10.
-
101 = 10
102 = 100
103 = 1 000
104 = 10 000
Pódese comprobar que sempre é igual o expoñente e o número de ceros do resultado da operación.
- Produto potencias da mesma base. O produto de potencias da mesma base é outra potencia que ten a mesma base e o expoñente é a suma dos expoñentes.
73 x 72 = 75
- Cociente de potencias da mesma base. O cociente de dúas potencias da mesma base é outra potencia que ten a mesma base e o seu expoñente é a diferenza dos expoñentes.
56 : 54 = 52
- Potencia dunha potencia. A potencia doutra potencia é unha potencia que ten a mesma base e o seu expoñente é o produto dos expoñentes.
[34]3 = 312
As potencias de expoñente 1 teñen como valor a base.
31 = 3
As potencias de expoñente 0 teñen como valor 1
60 = 1
Actividade resolta
Realice as operacións seguintes.
-
-
20 x ( 45 -25) =
20 x (20)= 400
-
11 x (321 + 47) – 20 x 11 =
11 x 368 – 220 = 4048 – 220 = 3828
-
(23 : 2) x 24 =
23/2.24= 23.24/ 2 =276
-
[43]5 =
(4)15
-
Actividade proposta
S5. Realiza as operacións seguintes:
S6. Cal e o resto nas seguintes divisións?
S7. Nunha división o cociente e 16, o divisor e 9 e o resto 8 ¿cal e o dividendo?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0


