Pompeia


POMPEIA

Vulcano moraba nunha cova baixo unha montaña e esparcía o seu devorador lume por toda a terra. Todas as criaturas o temían, salvo os peixes; polo tanto —seguindo o principio de que os deuses, igual que os humanos, o que máis desexaban era aquilo que non podían alcanzar—, debía ser aplacado botando peixes vivos a unha pira chameante. E así o fixeron os pompeianos.

Antes do ano 79 d.C., un gran depósito de magma se acumulou baixo o volcán. Cun volume de 3,6 kilómetros cúbicos, atopábase a uns tres mil metros da superficie.

Plinio
estivera todo o día controlando a frecuencia dos tremores. Para ser exactos, Alexion, o seu secretario, facíao por el ,sentado nunha mesa da biblioteca cun reloxo de auga.

Tras o Vesuvio, o sol comezaba a asomar. Unha estraña quietude dominaba o ambiente. Ningún canto de paxaro, ningunha das voces do amencer. Era para poñer dos nervios ao máis templado dos augures.

O magma da cámara do Vesuvio empezou a ascender a unha velocidade superior aos 0,2 metros por segundo nas conducións do volcán unhas catro horas antes da erupción. A superficie do volcán fracturouse pouco despois do mediodía do 24 de agosto .

A velocidade de saída do magma foi aproximadamente de 1.440 kilómetros por hora . A convección empurrou os gases incandescentes e a pedra pómez a unha altura de 28 km. En total, a enerxía térmica liberada durante a erupción sería aproximadamente dunhas 100.000 veces a da bomba atómica de Hiroshima.

¡Bang! ¡Bang!» Un doble estalido e a continuación o resoante tronido que chegou descendendo polas ladeiras. O xentío empezaba a dar as costas á montaña e a mirar o mar. O seu único instinto era ¡fuxir!

Un xigantesco muro, unha negra nube, avanzaba cara a cidade igual que unha lóbrega tormenta, unha atronadora catarata de pedra. Parecían rochas esponxosas. Non eran pesadas, pero facían dano.

Flotan no mar como se foran anacos de xeo.Extraordinario!. As augas estaban cubertas por unha alfombra de pedras!

Ao cabo dunhas sete horas acadouse o máximo nivel de pedra pómez gris, que foi lanzada a un ritmo de 1,5 millóns de toneladas por segundo e levada por convección a unha altura aproximada de 33 kilómetros.

«Nun vira-vira, o día pasó da luz do sol á penumbra do crepúsculo. Centos de persoas fuxen cara o leste pola ruta da costa. Oplontis, Herculano e Pompeia están sendo sepultadas.

O primeiro texto que consultou Plinio foi a Xeografía de Estrabón, que o deixou pasmado: «Toda a zona parece incendiada no pasado e contar con cráteres chameantes de negra rocha». ¿Cómo no se dera conta?

— Compara a montaña co Etna. Pero ¿cómo pode ser? O Etna ten un cráter de máis de tres kilómetros de ancho. E todas esas illas que vomitan lume. Estrómboli,por exemplo, gobernada por Eolo, o deus do vento.

Matou a máis de dúas mil persoas en menos dun minuto e deixou os seus corpos transfigurados nunha serie de grotescas estampas para que a posteridade poidera contemplalas. Pompeia converteuse nunha poboación de habitantes perfectamente ocos, abrazados ou xuntos, coas súas roupas desgarradas ou por riba da cabeza.
Nos momentos finais da súa existencia, Plinio seguiu observando co mesmo interés que de neno. O seu corpo de Plinio foi recuperado da praia xunto coas súas observacións.

Posteriormente éstas demostráronse tan exactas que deron orixe a unha nova denominación científica, «plínica», para definir unha erupción volcánica na que unha estreita onda de gas é lanzada con gran violencia pola chimenea principal a unha altura de varios kilómetros antes de expandirse lateralmente.



Pompeia, Robert Harris ( Adaptación )