Pompeia. Unha cidade en fuga

Eran as primeiras horas do 25 de agosto do ano 79 d.C. A choiva de lapilli que estaba a caer sobre Pompeia empezaba a escampar. Parecía un bo momento para abandonar a cidade e intentar salvarse.
Un grupo de más de vinte persoas aventurouse a sair por unha das portas situadas ao leste da cidade coa esperanza de librarse daquel bombardeo volcánico.
Outros poucos emprenderan xa a marcha unhas horas antes. Unha parella saira fuxindo sin levar consigo máis que unha pequenha chave (presumiblemente esperaban regresar algún día e abrir con ela o que queira que pechase: unha casa, un piso, un arca ou unha caixa forte) e unha lámpada de bronce . Non debeu de servir de moito en medio da escuridade da noite e da nube de escorias.
A parella non logró o seu propósito. Vencida pola choiva de lapilli, foi atopada en 1907 no lugar no que caeu, como tantos outros, ás aforas da cidade.
A capa de lapilli alcanzaba xa máis dun metro de espesor cando o outro grupo decidiu arriscarse a fuxir na mesma dirección. A marcha era lenta e dificultosa. A maior parte destes fuxitivos eran homes xoves; moitos deles non levaban nada enriba, ou ben porque no tiveran nada que levar ou ben porque non poideran botar man a ningunha das súas cousas de valor.
Outro grupo colleu todos os cartos que poideron atopar. Algúns só unhas poucas moedas; outros, todo o que atesouraban na súa casa, ou as ganancias da súa tenda. Pero non era moito. En total, entre todos os integrantes deste grupo non chegaron a xuntar cincocentos sestercios, cantidade que, en términos pompeianos, era o equivalente ao que custaba unha mula. Parte do grupo chegou un pouco máis lonxe que a primeira parella.
Podemos reconstruir moitas outras historias de intento de fuga.
Debaixo do pedra pómez descubríronse case catrocentos cadáveres, e preto de setecentos entre os restos solidificados del fluxo piroclástico, moitos deles recuperados vividamente no momento da súa morte grazas a unha curiosa técnica , consistente en reencher os ocos deixados pola carne e as ropas en descomposición con xeso, que nos permite contemplar as túnicas remangadas, os rostros mudos, e as expresiones lúgubres das víctimas .
Un grupo de catro cadáveres, atopados nunha rúa preto do Foro, probablemente corresponda a toda una familia que intentaba fuxir.
O pai ía diante, un home corpulento, de cellas grandes e espesas (como pon de manifesto o molde de xeso). Botara o manto sobre a cabeza para protexerse da choiva de cinza e escorias, e levaba enriba algunhas alfaias de ouro , un par de chaves e, neste caso, unha cantidade considerable de diñeiro en metálico, casi catrocentos sestercios.
Tras el ían dúas fillas súas de corta idade, e pechaba a marcha a súa muller. Esta remangara o vestido para facilitar a marcha, e levaba máis obxectos domésticos valiosos nunha pequena bolsa: a plata da familia (unhas culleres, un par de vasos, un medallón coa efixie da deusa Fortuna, e un espello), e unha figuriña .
Uno dos moldes máis famosos e más evocadores é o dun can gardián que se atopou atado ainda ao seu poste na casa do seu dono. Morreu intentando freneticamente liberarse das súas ataduras.
En dúas estancias traseiras dunha rica mansión se descubrieron os restos de doce persoas, probablemente o propietario coa súa familia e escravos.
Seis nenos e seis adultos, entre eles unha xove de case vinte anos, que estaba embarazada de nove meses cando morreu. (Os osos do feto se atopaban ainda dentro do seu ventre.)
Tal vez fora o seu avanzado estado de xestación o que induxo a todo o grupo a refuxiarse no interior da casa, coa esperanza de sair con ben, en vez de arriscarse a emprender unha fuxida precipitada.
Os habitantes de Pompeia xa viran os signos de advertencia aparecidos horas (si non días) antes da catástrofe.
Realmente, a cidade xa sufrira grandes dano a causa dun gran terremoto no ano 62 d. C.O único testimonio ocular da erupción que poseemos é un par de cartas escritas un cuarto de século despois do desastre ao historiador Tácito polo seu amigo Plinio, que se encontraba no golfo de Nápoles cando se produxo a erupción. Nelas Plinio demostra que ainda era posible escapar despois de que aparecera no cráter do Vesuvio a nube «en forma de pino».
O tío de Plinio, a vítima máis famosa da erupción, morreu porque era asmático e decidiu, nun alarde de valentía (ou de estupidez, según se mire) que tiña que observar máis de cerca o que estaba pasando en interés da ciencia.
Seguramente, como pensan os arqueólogos, houbo unha serie de temblores e pequenos terremotos durante os días ou meses que precederon ao desastre final, indicios que incitaron á xente a abandonar a zona.
Pois non só era Pompeia a que estaba ameazada e acabou tragada pola lava, senón unha ampla franxa de terra situada ao sur do Vesubio, incluidas as cidades de Herculano e Estabia.
En efecto, foron moitos os que fuxiron, como confirma a cantidade de cadáveres encontrados na cidade. No curso das excavaciones foron desenterrados uns mil cen.
Debemos supoñer que a poboación da cidade emprendería un éxodo masivo con asnos, carretas e carretillas, cando a maioría abandonara os seus fogares cargando con todos os efectos domésticos que boamente poideran.
Esta circunstancia ( e tamén que os saqueadores volveron á cidade semanas e meses despois da erupción ) tal vez nos axude a explicar por que as casas de Pompeia dan a impresión de estar escasamente amobladas e de contar con poucos trastos.
A maior parte dos trastos da casa probablemente foron cargados en carros e salvada polos seus propietariosan>.
Era unha cidade en fuga.
Adaptación de "Pompeia" (Mary Beard)