Podemos dividir o relevo peninsular en 4 bloques :

1. Meseta Central ( entre 600 e 700 m de altiude media ). Abarca unha gran parte da superficie peninsular e podemos dividila en:

- Meseta Norte, percorrida polo río Douro.
- Sistema Central , cadea montañosa que divide a meseta en dúas partes. Destaca o pico Almanzor ( 2.592 m )
- Meseta Sur , dividida en dúas partes polos Montes de Toledo , cada unha delas percorridas polos ríos:Texo e Guadiana.

2. Rebordos montañosos da Meseta: cadeas montañosas que rodean a meseta :

- Macizo Galego ( Pena Trevinca, 2.127 m ) e Montes de León ( Teleno, 2.188 m )
- Cordilleira Cantábrica , na que destacan os Picos de Europa e o pico Torre Cerredo ( 2.648 m )
- Sistema Ibérico , destacando o Moncaio ( 2.213 m )
- Serra Morena.
3. Undidades exteriores á Meseta
:

- Montes Vascos ; Pireneos , co Aneto coma cumbre máis alta ( 3.404 m ) ; Cordilleira Costeira Catalá
- Cordilleira Béticas , con dúas cimas en Serra Nevada ( Granada ): Mulhacén ( 3.478 m ) e Veleta ( 3.392 m )

4. Grandes depresións exteriores : Depresión do Ebro e Depresión do Guadalquivir

Mención aparte require o relevo insular canario , de orixe volcánica. Destaca sobre todo o Teide , a montaña máis alta de España con 3.718 m . Tamén podemos mencionar lugares coma o Parque do Timanfaya en Lanzarote ou as erupcións volcánicas submariñas do ano 2011 na illa do Hierro.

A

L

G

G

G

C