A Península Ibérica está localizada no extremo SO de Europa . A maior parte da súa superficie corresponde a territorio español ( 504.782 km2 ), pertencendo o resto a Portugal ( 92.072 km2) e Andorra ( 468 km2).


Os seus límites terrestres están marcados polos Pireneos e os marítimos polo Océnao Atlántico, o Mar Cantábrico, o Mar Mediterráneo e o Estreito de Xibraltar.


En España, saíndo do territorio peninsular podemos destacar as Illas Baleares no Mediterráneo e as Canarias no O. Atlántico frente ás costas do Sáhara, así coma as cidades de Ceuta e Melilla no Norte de África.



Asi mesmo, en Portugal destacan no O. Atlántico as Illas Azores e as Madeira.
O relevo peninsular ten unha altitude media de 660 m , sendo o segundo país máis alto de Europa despois de Suiza ( situada nos Alpes cunha altitude media de máis de 1.300 m ).

A

L

C