
O territorio galego, cunha superficie de 29.574 km2, sitúase na zona NO da Península Ibérica tendo coma límites terrestres polo Leste:Asturias, Castela-León (León e Zamora); polo Sur, Portugal; e coma límites marítimos o O. Atlántico e o Mar Cantábrico.
O conxunto da paisaxe galega está constituida por un macizo constituido por rochas antigas e moi erosionadas. Podemos dividir o relevo galego nas seguintes unidades:
1. Chairas litorais: estreitas chairas que se extenden por toda a costa de Galicia.
2. Serras litorias: pequenas serras de pouca altitude
(uns 500 m) coma a do Barbanza.
3.Escalón de Santiago : ascensión do terreo cara o interior desde as costas.
4.Serras Centrais e Septentrionais : tamén chamadas
Dorsal galega , constituida por pequenas serras de non moita altitude (1000 m):
- Xistral
- Serra FaladoiraSerra da Loba
- Serra Cova da Serpe
-Serra do Faro
-Serra do Suido
-Terra Chá lucense: meseta duns 400 m de altitude situada ao norte, na provincia de Lugo.
5. Depresións de Ourense , percorrida polo río Miño.
6.Serras Orientais : as montañas máis altas do país:
-Serra de Meira, Ancares (Penarrubia, 1822 m), Courel
-Serra do Eixe (Pena Trevinca , 2.127 m)
- Serra de Queixa (Cabeza de Manzaneda, 1778 m)