
Con máis de 24 millóns de km2,
América do Norte limita con tres océanos ( Glacial Ártico, Pacífico e Atlántico ) e con Sudamérica a través do istmo centroamericano. Sepárao de Asia o Estreito de Bering. Localizamos a maior parte de Norteamérica entre o Trópico de Cáncer e o C.P. Ártico.
Provén este continente do primixenio Panxea, desprazándose cara o oeste e chocando coa placa tectónica Pacífica.
Continente
compacto a excepción das illas do Norte ( Groenlandia entre elas) e do Caribe ( Cuba, Xamaica, Porto Rico,...)
Podemos dividir o relevo norteamericano en tres liñas Norte - Sur:
1. Oeste: Montañas Rochosas , cordilleira que ese extende por toda a costa pacífica, e que continúa polas
Serras Madres e Meseta mexicanas .
2. Centro: Grandes Chairas , percorridas polos ríos Mississippi - Misouri.
3.Leste: Apalaches , macizo na costa atlántica.
Destacan tamén as
penínsulas de Labrador, California, Florida e Iucatán, así como a baía de Hudson e o Golfo de México.