África é un continente macizo e compacto ( realmente só ten unha gran illa - Madagascar - e unha península destacable - Somalia ), cunha superficie de 30.284.631 km2 ( o terceiro continente máis grande ) e perfectamente delimitado polos Océanos Atlantico e Índico, os mares Mediterráneo e Vermello, e pola canle de Suez, que o separa da Península Arábiga ( Asia ). Case todo o continente se localíza na zona tropical.


Ten unha altitude media de máis de 650 m., nun relevo no que destacan as chairas e depresións xunto coas mesetas. O continente reaccionou ao movemento das placas tectónicas con enormes roturas, que fixeron que se separaran a illa de Madagascar e a Península Arábiga ( que pertence a Asia ), ou que se producira unha enorme falla denominada Rift Valley ao longo da cal podemos atopar os lagos Vitoria, Tanganika e Malawi, e os volcáns xa inactivos Kilimanxaro e Kenia.


Podemos resumir o relevo africano, polo tanto en:

1. Chairas e Depresións: percorridas por ríos coma a Depresión do Chad, a do Congo e a do Níxer .
Tamén desertos coma o Sahara, Kalahari e Namibia.

2. Mesetas: Katanga.

4. Cordileiras: o Atlas ao Norte e os Montes Drakensberg ao sur.

Os picos máis altos son o Kilimanxaro ( 5895 m ) e o Kenia ( 5199 ).

A

L

G

C