
Entre estes
sistemas montañosos , en Asia atópase a cordilleira que conta con máis altitude do planeta: O
Himalaia . Alí podemos atopar os " 14 oitomiles" , as únicas cumbres que superan os 8.000 m de altitude, entre a que está a de máis altitude do planeta: o
Everest ( 8.848 m. ) . Pero tamén conta con cordilleiras coma os
Montes Zagros, o Hindu Kush ou os Montes Altai.
As
mesetas so moi numerosas (
Deccán na India, Anatolia en Turquía, Irán, Siberia, Arabia, .... ) destacando sobre todas elas a
Meseta do Tíbet. Para que te deas conta das súas dimensións, fíxate:
- A súa superficie ( 1.000 km x 2.500 km = 2.500.000 km2) , é coma 5 veces máis grande que toda a Península Ibérica e máis de ¡ 80 veces maior que Galicia!
- A súa altitude media ( 4.500 m. ) é ¡case 8 veces maior ca de España e máis de 9 veces a de Galicia!
Outras mesetas son as de Pamir ou o altiplano de Mongolia, cera dos cales atopamos o Deserto do Gobi.
Por outra parte, o continente asiático ten enormes extensións de
chairas e depresións que se extenden desde as cadeas montañosas ata o mar, percorridas por ríos que soen ser longos e moi caudalosos. Destaca a Gran Chaira de Siberia (ríos Obi, Ienisei,...) ao Norte ou as de Mesopotamia (ríos Tigris, Éufrates) India ( ríos Ganxes e Indo ), Indochina ( río Mekong ) e China (ríos Hoang-Ho e Iangtse - Kiang ).
Ás veces, as depresións están ocupadas por
mares interiores, coma o
Mar Morto, o Caspio ou o Aral .
Podemos distinguir tamén en Asia
penínsulas coma as de
Anatolia, Arábiga, Indostán, Indochina, Corea ou Kamchatka , entre as máis importantes.