O continente asiático ten unha superficie de 43.748.627 km2, o que o convirte no maior do planeta .

Case todo o continente está entre o Ecuador e o Círculo Polar Ártico.

Limita con tres océanos : o O.Glacial Ártico ao Norte, o O. Índico polo Sur e o O. Pacífico polo Leste.

Polo Oeste , está separado de Europa polos Montes Urais , o mar Caspio, o Cáucaso e o Mar Negro ( o estreito do Bósforo separa estes dous continentes ).

Os límites con África son o mar Vermello e a Canle de Suez.

Polo que respecta aos límites entre Asia e Oceanía , son máis complicados de delimitar, pero poderiamos situalos ao sur das illas de Indonesia, Borneo e Filipinas.

O choque das placas Arábiga, Iránica, Indoautraliana e Pacífica contra a Euroasiática, orixinou toda unha liña Oeste - Leste de cadeas montañosas, ao mesmo tempo que fai que en todo o Sur e Leste de Asia sexan comúns os movementos sísmicos ( terremotos ) acompañados, si ocorren na costa ( Xapón, Indonesia,...), por tsunamis.

A

L

G

C