
A costa ou litora l é aquela zona das terras emerxidas ( dos continentes ou das illas ) que está en contacto co mar.
Pode prersentar moi diversas formas:
- Praias: áreas normalmente recubertas de sedimentos ( normalmente area, pero poden ser pedras ) que proveñen da erosión das zonas costeiras.
- Cantís: terreos rochosos e escarpados, con fortes pendentes.
- Cabos: áreas da terra que penetran no mar en forma de lingua.
- Golfos : ao contrario que os cabos, son entrantes do mar na costa. Si son pequenos e ben resgardados, chámanse baías.
- Penínsulas : extensións de terreo rodeadas polo mar por todas partes menos por unha, chamada istmo
- Rías : vales fluviais inundados polo mar
- Fiordes : vales glaciares inundados polo mar