- Chairas : áreas planas ou suavemente onduladas de menos de 200 m de altitude.
- Mesetas: chairas elevadas de máis de 200 m de altitude. Si se atopan entre cadeas montañosas a unha gran altitude, tamén reciben o nome de altiplanos. Exemplos: Meseta Central Española, Meseta do Tíbet, Altiplano boliviano.
- Montañas: elevacións do terreo con forte pendente, que normalmente se presentan formando conxuntos de:
Serras: pequenos grupos de montañas, xeralmente pertencentes a un grupo maior, dun macizo ou unha cordilleira. Por exemplo, a Serra do Barbanza, Serra de Gredos, ...
Macizos , fomados por montañas vellas, desgastadas pola erosión, de formas redondeadas. P.ex.: Macizo galego, Apalaches,...
Cordilleiras , formadas por montañas novas e altas. P.ex: Alpes, Himalai, Pirineos,...
- Depresións: zonas a menor altitude que as terras que a rodean. Normalmente están percorridas por ríos, sendo así
vales fluviais ou concas hidrográficas . P.ex.: val do Ebro, conca do Amazonas, ...