1.-Converxencia: Unhas placas chocan entre sí. Cando isto ocorre, unha das placas soe introdúcese baixo a outra (subdución), levantándose o borde desta e formando cadeas montañosas ( Himalaia, Andes, Alpes,... )
2.-Diverxencia: As placas sepáranse .Soe ocorrer baixo os fondos oceánicos, formando as dorsais grazas á saída continua de magma do interior da Terra
3.- Outras placas móvense lonxitudinalmente , deslízanse unha con respecto á outra.Estas producen enormes fallas, roturas da codia terrestre, como a de San Andrés en Norteamérica que podes observar na imaxe da dereita.