Como xa sabes, a forma da Terra é esférica e isto é unha tremenda dificultade para representala sobre un plano .
Fai a proba, colle unha pelota vella e intenta poñela plana, ¿Qué ocorre?¿Es quen de facelo?.
Por isto, existen os chamados sistemas de proxección ( cónica, cilíndrica, polar ), ainda que cada un deforma algún aspecto da realidade.


Así, por exemplo, os mapas que se soes ver son os que se denominan de Mercator. E presentan un problema: as superficies se agrandan con respecto á realidade a medida que nos achegamos ós Polos.
Por poñer un exemplo moi claro, Groenlandia ten unha superficie de 2.166.086 km² , Europa 1 0.530.751 km² . e A mérica do Sur 17.819.100 km² . En cambio fíxate ben este mapamundi, ¿Qué observas con respecto á representación da superficie no mapa destas tres zonas do mundo?


A

L

W

C