A escala é a relación que hai entre a medida tomada no mapa e a súa correspondente na realidade. Canto maior é a escala, máis pequeño é o mapa, e viceversa.
Fíxate na imaxe da esquerda.
Normalmente usamos dous tipos de escala nos mapas:
Escala Gráfica: Indica a medida real que representa cada segmento no mapa.
Escala numérica: Indica a correspondencia entre unidade no mapa e na realidade.
No caso da imaxe anterior, 1 cm no mapa corresponde a 25.000 na realidade; ou o que é o mesmo, 1 cm no mapa corresponde a 250 m na realidade.
Ponte a pensar.¿Que tipo de escala usarías para facer un mapa no que localices a ruta cara ao instituto? ¿ E para facer unha viaxe a Berlín?