O tamaño do planeta Terra , de forma case esférica, non é manexable e non nos permite ver os detalles. Así, representámola en mapas .
Desde sempre o home intentou elaborar mapas para localizarse e orientarse. Pero o resultado non era o mesmo ca hoxe en día grazas ás ferramentas tecnolóxicas coas que contamos ( satélites, ordenadores, ...). Fíxate no mapamundi antigo feito por Abraham Ortelius hai máis de 400 anos ( 1570 )
... ou neste outro de Pedro Teixeira (1.634 )










O que pretendían era representar a realidade, e iso é o que son os mapas: representación xeográficas da superficie terrestre. Ás veces, poden representar grandes superificies, incluso todo o planeta ( mapamundi ), pero outras representan zonas máis pequenas( un país, un concello, ...). É coma si usaramos unha lupa para aumentar ou disminuir o tamaño e o detalle da zona a explorar. A isto chámaselle escala.

L

W

C