A volta ao mundo en 80 días - Jules Verne







Península do Indostán, 22 de outubro.

Picaport
e, despois de consultar o seu reloxo, dixo que eran as tres da mañá. E así era, ese famoso reloxo, sempre coa hora do meridiano de Greenwich, que estaba preto de setenta graos ao Oeste, debía atrasar … e atrasaba, en efecto, catro horas.

Sir Francis rectifiouó por conseguinte a hora dada por Picaporte e tratou de facerlle comprender que debía cambiar a hora do deu reloxo por cada novo meridiano, e que, camiñando constantemente cara o sol, os días eran máis curtos,catro minutos por cada grao recorrido.

Foi inútil. O obstinado Picaporte non quixo adiantar o seu reloxo, conservando invariablemente a hora de Londres. Manía inocente, por outra parte, e que no facía dano a ninguén.


Londres, 21 de decembro.
Eran as oito e trinta e cinco cando saiu. ¡Pero en que estado! O cabelo desordeado, sin sombreiro, correndo coma nunca o fixera home algún, derribando aos transeúntes e precipitándose coma unha tromba nas beirarrúas.
En tres minutos chegou á casa de Saville Row, e caía sen alento no cuarto de mister Fogg.
-Señor...- tartamudeou Picaporte-, casamento... imposible.
-¡Imposible!
-Imposible... para mañá.
-¿Por que?
-¡Porque mañá... é domingo!

-Luns- respondeu mister Fogg.
-Non... hoxe... sábado.

-¿Sábado?; ¡Imposible!
-¡Sí, sí, sí,- exclamou Picaporte-. ¡Estabamos equivocados nun día! ¡Chegamos con vintecatro horas de adianto... pero xa no quedan máis que dez minutos!
Picaporte tomou a Mr. Fogg polo pescozo, e empurrábao con forza irresistible.



Phileas Fogg, así levado, sin ter tempo de reflexionar, saiu da súa casa, saltou nun taxi, prometeu cen libras ao cocheiro, e despois de aplastar dous cans e atropellar cinco coches, chegou ao Reform Club.

O reloxo sinalaba as oito e corenta e cinco minutos cando apareceu nun gran salón.

¡Phileas Fogg dera a volta ao mundo en oitenta días!

¡Phileas Fogg gañara a aposta de vinte mil libras!

¿E como, sendo tan exacto e minucioso, poidera cometer o erro dun día? ¿Como se creía en sábado 21 de decembro, cando chegaran a Londres en venres 20, setenta e nove días despois da súa saida?

O motivo do seu erro é moi sinxelo.

Phileas Fogg, sin sospeitalo, ganara un día no seu itinerario; e isto porque dera a volta ao mundo indo cara Oriente, pois o perdería indo en sentido inverso, é decir, cara Occidente.

En efecto, marchando cara Oriente, Phileas Fogg ía ao encontro do sol, e por conseguinte, os días disminuían para el catro minutos por cada grao recorrido. Hai 360 grados na circunferencia, os cales, multiplicados por catro minutos, dan precisamente vintecatro horas, é decir, o día inconscientemente gañado.

Noutros términos: mentres que Phileas Fogg, marchando cara Oriente, veu o sol pasar oitenta veces polo meridiano, os seus colegas de Londres non o viran máis que setenta e nove. Por iso aquel mesmo día, que era sábado, e non domingo, como o creía mister Fogg, o esperaban os da aposta no salón do Reform Club.

E isto é o que o famoso reloxo de Picaporte, que sempre conservara a hora de Londres, marcaría, si ao mesmo tempo que amosaba as horas e minutos marcara os días.

Phileas Fogg gañara, pois, as vinte mil libras; pero, como gastara no camiño unhas dezanove mil, o resultado pecuniario non era gran cousa. Sen embargo, como xa se dixo, o excéntrico gentleman non buscaba nesta aposta máis que a loita e non a fortuna.

Así, pois, a aposta estaba gañada, facendo Phileas Fogg a súa viaxe arredor do mundo en oitenta días. Empleara todos os medios de transporte, vapores, ferrocarrís, coches, yatchs, buques mercantes, trineos, elefantes. O excéntrico cabaleiro desplegara neste negocio as súas marabillosas cualidades de serenidade e exactitude.
Pero, ¿qué gañou con esa excursión? ¿Qué trouxo da súa viaxe?
Nada, se dirá. Nada, a no ser unha linda muller, que, por inverosímil que pareza, fíxoo o máis feliz dos homes.
E en verdade, ¿non se daría por menos que iso a volta ao mundo?

Jules Verne, A volta ao mundo en 80 días.