
A partir dos paralelos e meridianos podemos
localizar un punto calquera da Terra sobre a superficie terrestre .
Podémolo facer calculando as súas
coordenadas xeográficas:
-
LATITUDE: Distancia medida en graos que hai desde calquera punto da Terra ó Ecuador. Pode ser
ata 90º Norte ou Sur.
-
LONXITUDE: Distancia medida en graos que hai desde calquera punto da Terra ó Meridiano 0 ou de Greenwich. Pode ser
ata 180º Leste ou Oeste.