CONTINENTES E OCÉANOS .

A Xeografía física é a parte da Xeografía que estuda a superficie terrestre. Nesta podemos distinguir 3 partes: a litosfera (do grego " litos ", pedra e " sphaira ", esfera ), a hidrosfera ( do grego " hidros", auga ) e a atmosfera ( do grego " atmos ", aire ).
Da
litosfera , destacamos os
continentes , que son a parte da superficie terrestre que está por riba do nivel das augas. Representan o 30% da superficie da Terra ( 150 millóns de km2 ) e son 6:
África, América, Antártida, Asia, Europa, Oceanía.
Na
hidrosfera , ademáis de ríos, lagos ..., destacan os
océanos , as masas de auga que cubren a maior parte da seuperficie terrestre, o 70% ( 360 millóns de km2). Podemos distinguir 5:
O, Atlántico, O. Pacífico, O. Índico, O. Glacial Ártico e O. Glacial Antártico .
Máis adiante, nos bloques adicados á litosfera e á hidrosfera, volveremos sobre eles e profundizaremos no seu estudo. Agora, observa as seguintes imaxes que resumen os datos básicos da súa localización e extensión. Fíxate ben porque terás que realizar actividades sobre elas, tanto escritas coma dixitais!