1.3.1 O Foro Económico Mundial e os movementos antiglobalización
Foro Económico Mundial
-
Foro reunido en 1971, en Davos (Suíza) para contribuír a resolver os problemas do nosotempo no económico e no social. Na primeira reunión os temas centráronse nas estratexias comerciais; nos anos seguintes dedicáronse ao cambio climático, turismo, plans de saúde, terrorismo…
Esta organización entende que o capitalismo non é o problema, senón parte da solución; por iso é habitual que estean enfrontados con outras organizacións, que culpan o capitalismo da pobreza no mundo.

Os movementos antiglobalización
Son movementos sociais internacionais xurdidos a finais do século XX. Critican a globalización e o pensamento único, que favorecen:
-
Unha repartición inxusta da riqueza e dos recursos
-
Unha riqueza non sustentable.
De acordo con estes movementos, a globalización pon en perigo a estabilidade do traballo e socava a democracia.
-
Foro Social Mundial. No ano 2001 celebrouse en Porto Alegre (Brasil) un encontro dos movementos por unha globalización diferente. Este encontro celébrase anualmente desde entón. Os partidarios deste movemento prefiren chamalo altermundismoou alterglobalización, por consideraren que antiglobalización implica confrontación e negatividade.
Os altermundistas critican:
-
O libre comercio: os lobbies, os monopolios e oligopolios...
-
A mercantilización da sociedade: critican a redución do sector público e defenden a redistribución da riqueza mundial.
-
As grandes institucións financeiras: FMI, Banco Mundial, OMC...
-
As multinacionais e a banca, que se aproveitan da globalización para beneficio propio.
-
Algunhas correntes dos movementos antiglobalización: anticapitalismo, ecoloxismo, pacifismo, antimilitarismo, movementos indixenistas, movementos obreiros, sindicatos, organizacións estudantís, feminismo, indignados do 15 de maio, ONG que loitan contra a pobreza e a prol da xustiza.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
