A romana

Empregando a panca

A romana

Dende fai máis de cinco mil anos unha das actividades máis relevantes da humanidade é o intercambio de produtos, noutras palabras, o comercio. Esto trouxo consigo a necesidade de medir e/ou pesar aqueles produtos destinados ó troco ou a venda. Así os exipcios xa dispuñan dun aparello que sería o precursor da balanza, con unha columna á que se ataba unha vara ou pau disposta simetricamente, que nos seus estremos sostiñan unhas bandexas mediante cordas. Este invento foise perfeccionando ata os nosos días.

Pola súa parte, os romanos, non se quedaron atrás, dous séculos antes do nacemento de Cristo xa dispuñan do que se deu en chamar "a romana de gancho", que, a diferenza da exipcia, consistía en dous brazos de distinto tamaño (non simétrica).

Baseada na panca e a súa lei, no momento da pesada se situaba o obxecto a pesar pendurado do brazo mais curto, este brazo podía ter ou ben un gancho ou unha bandexa enriba da cal se colocaba o produto a pesar.

A romana

No brazo máis longo, que estaba graduado, se colocaba un contrapeso (en latín aequipondium) de xeito que a balanza se equilibrase, normalmente era unha peza de ferro macizo, a propia situación do contrapeso, unha vez equilibrada, indicaba a cantidade.

Non eran aparatos de grande precisión, como as básculas actuais, pero o emprego de materiais resistentes ó paso do tempo, como o aceiro inoxidable, poden permitir a pesada ata os gramos con total fiabilidade.

A facilidade no seu transporte, construción e emprego fixo que este tipo de balanza fose moi usada en Galicia ata os nosos días. Nas últimas décadas foron substituídas polas balanzas de muelles e mais tarde polas electrónicas pola súa precisión, aínda que non é difícil ver algunha delas nos nosos mercados e prazas de abastos.

Empregando a panca