Normalmente as poleas son rodas cunha canle pola que pasa unha corda e que facilitan a realización dunha forza. Empregamos a polea, por exemplo, para subir un caldeiro de auga do pozo ou cando subimos unha persiana.
Ó igual que na panca tamén realizamos unha “potencia” para vencer unha “resistencia” e existe un punto de apoio no eixo sobre o que xira a polea. Hai poleas fixas e móbiles.
As poleas fixas, como as dos pozos, so facilitan o traballo e non aforran forza, xa que aquí, como podes ver na imaxe, o brazo de potencia e o de resistencia teñen o mesmo tamaño.
Noutros casos a polea pode subir ou baixar coa carga que queiramos mover (resistencia), neste caso a polea móbil aforra a metade da forza.
Cando se combinan poleas móbiles e fixas obtemos un poliplasto, fundamentalmente se empregan para levantar grandes pesos.
ESQUEMA 5: A polea
Pechar