No noso corpo, concretamente no aparato locomotor, atopamos unha cantidade importante de pancas formadas por ósos (que fan a función da barra ríxida) e músculos que desenvolven a potencia.
No movemento da cabeza cando asentimos, atopamos unha panca de primeiro grao. Ao desprazar a cabeza cara a atrás, o cranio pivota sobre a vértebra atlas (o punto de apoio). Os músculos trapecio e esternocleidomastoideo realizan a forza necesaria para mover o peso da cabeza.
As de segundo xénero atopámolas ao camiñar. Ao andar, póñense en xogo distintos músculos e ósos que multiplican a forza para que poidamos mover o peso do noso corpo. Para elevar o pé os xemelgos contráense e transmiten a súa forza ao talón de Aquiles, que vence o peso do corpo, facendo
pivotar o pé preto do nacemento das falanxes.
A vantaxe mecánica das de terceiro xénero é que aumentan o movemento, sacrificando así a forza, co fin de conseguir unha maior velocidade e un maior desprazamento. Podemos suxeitar e elevar pesos nas nosas mans grazas á acción dos bíceps, que exercen a forza necesaria sobre o antebrazo. Este apoiase sobre o cóbado levantando así o brazo e achegando o obxecto ao noso corpo.
ESQUEMA 4: A panca no corpo humano
Pechar