É unha das máquinas máis sinxelas, hai quen di que é a máquina máis simple de todas as máquinas simples. Está formada por unha barra ríxida (normalmente metálica ou de madeira) que se apoia nun lugar chamado punto de apoio. Nun dos extremos desta barra se aplica unha forza (chamada potencia) coa intención de vencer outra forza (que chamaremos resistencia) noutro lugar da barra.
Á distancia entre o punto de apoio e o lugar onde se aplica a forza (potencia) chámase brazo de potencia, mentras que a distancia entre o punto de apoio e a resistencia que queremos vencer chámase brazo de resistencia.
Canto máis longo sexa o brazo de potencia menos esforzo haberá que facer para vencer a resistencia.
ESQUEMA 2: A panca. Elementos
Pechar