1.- Que é unha máquina?.

Unha das cualidades que nos diferenza ós humanos do resto de seres vivos é a capacidade de inventar e construir obxectos. Varios destes obxectos facilitan os distintos traballos que realizamos, a estes obxectos lle chamamos máquinas.

As máquinas nos permiten realizar un determinado traballo cun esforzo menor aproveitando, regulando ou dirixindo a acción dunha determinada forza, dito doutro xeito, nos permiten obter unha forza maior da que unha persoa podería aplicar so cos seus músculos ou aplicar esa forza dun xeito máis eficaz.

Cando a máquina é sinxela e realiza o seu traballo nun so paso decimos que é unha máquina simple, algunhas delas foron empregadas dende a prehistoria e foron evolucionando ata os nosos días. Cando diversas máquinas simples se agrupan para realizar un traballo obtemos unha máquina composta. Unha gran parte das máquinas que empregamos hoxe son máquinas compostas.

As máquinas simples soen clasificarse en 6 tipos: pancas, poleas, rodas e eixos, planos inclinados, parafusos e cuñas.

 

Normal / Grosa Ver / Ocultar grosa Esquema