Os verbos sitúan as accións no tempo en función do momento no que se está a falar. Así, por exemplo, si eu digo: “Subín a carretilla pola rampla” estou asegurando que subín a carretilla antes de decir a frase. As formas verbais poden situar a acción no pasado, como no exemplo da carretilla, no presente ou no futuro.
Están en pasado aquelas formas dos verbos que expresan accións que aconteceron antes do momento no que se fala. Por exemplo, Brais gardou o parafuso na caixa de ferramentas.
Están en presente as formas verbais que expresan accións que están a acontecer no momento que se está falando. Por exemplo: Brais garda o parafuso na caixa de ferramentas.
Están en futuro as formas verbais que expresan accións que aínda non aconteceron. Por exemplo: Brais gardará o parafuso na caixa de ferramentas.
ESQUEMA 5: A polea
Pechar