Temas transversais

Asemblea na carpintaría

Contan que na carpintaría houbo unha vez unha estraña asemblea. Foi unha reunión de ferramentas para arranxar as súas diferenzas.

O martelo exerceu a presidencia, pero a asemblea lle notificou que tiña que renunciar. A causa? Facía demasiado ruído!. E ademais, pasábase o tempo golpeando.

O martelo aceptou a súa culpa, pero pediu que tamén fose expulsado o parafuso; dixo que había que dalo moitas voltas para que servise de algo.

Ante o ataque, o parafuso aceptou tamén, pero a súa vez pediu a expulsión da lixa. Fixo ver que era moi áspera no seu trato e sempre tiña friccións cos demais.

Temas transversais

E a líxa estivo de acordo a condición de que fose expulsado o metro que sempre se pasaba medindo os demais segundo a súa medida, coma se fose o único perfecto.

Niso entrou o carpinteiro, púxose o mandil e iniciou o seu traballo.

Utilizou o martelo, a lixa, o metro e o parafuso.

Finalmente, a ruda madeira inicial converteuse nun fino moble.

Cando a carpintaría quedou novamente soa, a asemblea continuou a deliberación.

Foi entón cando tomou a palabra o serrón, e dixo:

Asemblea na carpintaría

- Señores, quedou demostrado que temos defectos, pero o carpinteiro traballa coas nosas cualidades. Iso é o que nos fai valiosos. Así que non pensemos xa nos nosos puntos malos e nos concentremos na utilidade dos nosos puntos bos.

A asemblea atopou entón que o martelo era forte, o parafuso unía e daba forza, a lixa era especial para afinar e limar asperezas e observaron que o metro era preciso e exacto.

Sentíronse entón un equipo capaz de producir mobles de calidade.

Sentíronse orgullosos das súas fortalezas e de traballar xuntos.

Anónimo