1.- Introdución:
Agora que xa coñecemos algunhas máquinas simples vamos a realizar un traballo sobre unha máquina composta (formada por outras simples), a bicicleta. Coñecida e empregada en todas as partes do mundo, dende hai moitos anos, nos permite desprazarnos máis rapidamente sen contaminar e dun xeito moi saudable para o noso organismo. Seguro que xa sabes moitas cousas deste medio de locomoción, pero ó remate do traballo vas a coñecer moito máis, a súa historia, funcionamento, deportes nos que se emprega e deportistas famosos, o seu funcionamento, etc.
Lembra que o éxito desta aventura depende do esforzo de cada un e cada unha xa que vai a ser un traballo de toda a clase.