4.- O traballo final.
Na clase deberedes de decidir como ides a presentar o voso traballo conxuntamente. Hai moitas formas pero aquí suxerimos dúas:
A.- “On line”, a través da propia unidade: Esta unidade didáctica, si está aloxada nun servidor web, conta con un apartado onde cada grupo pode aportar os seus descubrimentos e traballo, sendo así visible para calquera que a visite. Na guía para o/a profe hai unha explicación de como artellar isto tecnicamente.
B.- “Gran mural”: Neste caso, cada grupo presentará o seu traballo en 1 folio DINA3 ou en dous DINA4 cubertos por unha única cara. Os traballos de cada grupo aparecerán conxuntamente nun único mural onde unha comisión formada por un membro de cada equipo determinará a colocación de cada apartado. Como fondo para todos os traballos podedes empregar papel de embalar, no que, a modo de mapa conceptual, pegaredes os vosos traballos.
Unha vez realizado o traballo, sería bo que cada grupo determinase un representante/presentador que explicase ó resto da clase o traballo do seu equipo.