• As casas inclinadas de Ámsterdam


    A cidade de Ámsterdam é a capital de Holanda, situada na baía do IJ. Dende as súas orixes, alá polo século XII, como pobo pesqueiro, foi medrando ata converterse na cidade máis grande do país. Froito da construción de canais semicirculares ó redor do casco antigo, no século XVII, é o seu alcume de “A Venecia do Norte”.


    Amsterdam é famosa por varias cousas singulares como os seus canais, o alto emprego da bicicleta polos seus habitantes ou os seus museos como a “Casa de Rembrandt” ou o “Museo de Van Gogh”, pero hai unha cousa que non pasa desapercibida á vista cando paseamos polas rúas do casco antigo, son o estreitas que son as súas casas, de feito, cerca da plaza Dam, en Singel 7 está a que se considera, no libro dos récords, a casa coa fachada máis estreita do mundo (101 cm de fachada na traseira da casa, na parte dianteira é unha casa normal) e, preto desta, en Oude Hoogstraat está a máis estreita de Europa con 2,02 m de ancho.


    En moitas destas casas se pode observar como da súa parte máis alta sae un gancho, estos ganchos serven para poder subir mobles e obxectos grandes mediante o uso de poleas, para introducilos no interior do edificio polas ventás. Como os edificios son moi estreitos teñen dificultades para subilos polo seu interior, xa que as escaleiras no seu interior son moi pequenas.


    Pero isto non é todo, xa que se imos paseando pola cidade e nos fixamos nos edificios, nos dará a impresión de que poden caer en calquera momento, xa que se atopan lixeiramente inclinados cara á rúa. Esta inclinación débese, entre outras cousas, á inestabilidade do terreo, como ocorre noutras cidades construídas sobre pantanos ou canles de auga.


    Pero a parte diso, as casas construíronse cunha inclinación de varios graos cara á rúa de forma intencionada. Esta inclinación é para facilitar a introdución dos mobles no interior dos edificios cos ganchos mencionados anteriormente, sen golpear a fachada.


    Fotografía: By Emes2k.Emes2k at de.wikipedia [CC-BY-SA-3.0-de (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/de/deed.en)], from Wikimedia Commons