Introdución á linguaxe literaria
2.5 Normas ortográficas. O uso do c e do z (aspectos teóricos)
Estas dúas letras poden representar en galego o mesmo son (/θ/), que pronunciamos en palabras como zapato, cereixa, cidade, zona, zumbar.
- Escríbese c coas vogais e e i. Exemplos: cebola, cereixa, céspede, cicel, cidade, cinceiro, cociña...
- Escríbese z coas vogais a, o e u. Exemplos: rapaza, zoco, zume, azul, zorza... Fíxese como forman o plural as palabras rematadas en z: noz/noces; luz/luces; verniz/vernices; paz/paces; xuíz/xuíces...
- Cando soa como /k/, escríbese c diante das consoantes c e t se van precedidos das vogais a, e, o. Exemplos: abstracción, reacción, abstracto, tractor, recto, colección, colecta...
- Non se escribe ct nin cc cando van precedidas das vogais i ou u. Exemplos: aflición, condución, conduta, condutor, conflito, construción, construtor, contradición, dedución, dedutivo, delito, destrución, destrutor, dicionario, ditado, ditadura, ditar, estrito, estrutura, frutífero, frutificar, indución, indutor, introdutor, introdutorio, produción, produto, produtor, reconstrución, redución, reprodución, reprodutor, restrición, restritivo, tradutor...
Actividades propostas
S5. Escriba tres palabras nas que figuren as seguintes sílabas: za, ce, ci, zo, zu.
S6. Busque no dicionario e escriba dúas palabras que sexan da mesma familia destas palabras. Fíxese no exemplo inicial.
- Construción: construtivo, construtor.
- Destrución
- Detectar:
- Director:
- Proxectar:
S7. Complete co substantivo correspondente:
- Unha persoa que redacta é un .
- Algo que serve de protección é un .
- Alguén que se dedica á condución é un .
- Unha muller que traballa na inspección é unha .
- Dicimos de algo que é instrutivo cando nos proporciona .
- Unha persoa é correcta cando actúa con
Pode reforzar e ampliar o uso do c/z entrando nestas páxinas:
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License