2.5 OpenOffice. Uso do dicionario e do corrector ortográfico

i

Ver Glosario: software libre

 

Neste caso, imos aprender unhas nocións básicas de como funciona o dicionario e corrector ortográfico do paquete ofimático OpenOffice (software libre), centrándonos na lingua galega ao longo de toda a actividade.

Os pasos que debe seguir en lingua castelá son idénticos que no galego; o único que cambia é que no programa, en vez de seleccionar como idioma o galego, deberá seleccionar o castelán.

O primeiro que debe facer é descargar e instalar o paquete ofimático OpenOffice (en caso de que non o teña xa no seu computador). Para isto, siga estas indicacións:

–      En internet, diríxase ao enderezo http://gl.openoffice.org/

–      Xa na páxina, vexa que aparece un recadro que leva por título “Descargar”, en embaixo “Calquera versión OpenOffice.org 3.3.0”. Pinche en “Descargar”; apareceranlle varias columnas. Seleccione na da esquerda o país (Galician) e o idioma (galego) e, dentro da opción de Windows (2ª columna), pinche “Download” (descargar).

–      A continuación, apareceralle unha nova ventá onde se lle pregunta se quere descargar ou gardar o ficheiro. É preferible descargar e indique en que directorio do seu computador o quere gardar (o proceso de descarga pode levar varios minutos, dependendo da velocidade da súa conexión a internet).

–      Cando finalice a descarga prema dúas veces co botón esquerdo do rato no ficheiro que descargou e siga os pasos que aparecen en pantalla para proceder á instalación do paquete ofimático.

–      Logo instalado, entre na aplicación OpenOffice e, na pantalla “Crear un novo documento”, seleccione a opción “Documento de texto”.

Diríxase no OpenOffice ao menú Ferramentas. Dentro del pinche na opción Ortografíae gramática. Apareceralle o seguinte cadro:

O manexo deste cadro é moi sinxelo. Os conceptos básicos que debe saber para facer unha boa corrección son os seguintes:

–      As palabras que o corrector sinala en vermello son as que probablemente necesiten ser corrixidas. Teña en conta que o corrector non é fiable ao cen por cen, polo que, despois de usalo, seguramente terá que revisar o texto manualmente.

–      Opción Idioma do texto: aquí debe pór o idioma en que está o texto que vai corrixir.

–      Opción Ignorar unha vez: con esta opción o corrector omitirá unha vez a corrección da palabra marcada en vermello, e deixaraa tal e como está.

–      Opción Ignorar todo: con esta opción o corrector omitirá ao longo de todo o documento a corrección da palabra marcada en vermello, e deixaraa tal e como está.

–      Opción Engadir: con esta opción pode engadir ao dicionario de galego do OpenOffice a palabra sinalada en vermello, no caso de que aínda sendo correcta a palabra, esta apareza como incorrecta.

–      No cadro Non consta no dicionario o pode escribir para facer as modificacións que considere necesarias. Logo de feitas prema na opción Cambiar ou Cambiar todo.

–      Opción Cambiar: cambia a palabra incorrecta en vermello pola que vostede seleccionou no menú Suxestións ou a que escribiu no recadro Non consta no dicionario.

–      Opción Cambiar todo: igual que a anterior pero o corrector, neste caso, non se limita a cambiar só a palabra sinalada nesa ocasión, senón todas as veces que esa mesma palabra se repite no documento.

Estas características que acabamos de ver son as básicas que debe saber manexar. Cando remate coa corrección debe pulsar o botón Pechar.

Actividades propostas

S9.            Copie e pegue no documento en branco que ten aberto no OpenOffice o seguinte texto en galego (cámbielle a letra e póñalle o tamaño que queira), o cal está cheo de incorreccións. Feito iso, realice as cuestións que se lle indican.

Texto para copiar e pegar no OpenOffice: TELO TODO: NON TER NADA

Contouno Borges en forma alegórica no seu celebre relato La biblioteca de Babel. Esa fabulosa biblioteca contiña (dito en palabras de hoy) toda a información posible, porque calqueira posible conxunto de palabras estaba en algún dos seus inagotables anaqueis. Libros bos e malos, mediocres; falsos e auténticos, medio falsos e medio verdadeiros: todos. ¿Sóalles a algo?

A Web e a nosa biblioteca de Babel. Pero necesitamos utilizala…

Espigar o fío de un dato que necesitamos, averiguar nesta masa de información de moy diversa procedencia cál é a que nos fai falla: comparala con outra, seguila hata donde nos sirve, e non máis alá. Localizar unha terceira e unha cuarta. Sacar conclusións parciales; poñelas en corentena. Buscar logo outra fonte diferente, seguir os seus fíos. Volver sobre as ideas postas en reserva e avanza ren conxunto. Repetir o ciclo una, dez veces: crear documentos provisionales, difundilos e recibir a realimentación de outros. Ao final –con sorte- comprender, resumir e actuar.

As operacions que acabamos de describir non son extraordinarias: son as abituais e necesarias en múltiples procesos diarios. E non se limitan á simple búsqueda de información: implican algo más. […]

Decíamos que a maior parte das operacions intelectuales que utilizan a ferramenta da Web non pretenden so “recuperar información”. Intentan construir un coñecemento. Esa e a meta real de las persoas, das corporaciones e das institucions.

           (Millán, José Antonio. La lectura y la sociedad del conocimiento.

Federación de Gremios de Editores, 2001. Tradución)

 S10.            Agora que xa sabe como funciona o corrector, corrixa o texto proposto de José Antonio Millán. Logo de rematada a corrección, lembre revisar o texto manualmente para buscar fallos que o corrector pasara por alto. Imprima o texto.

S11.            Probe a corrixir outros textos, en galego ou en castelán, para coller soltura no manexo desta ferramenta informática. Para iso compoña, mediante o procesador de textos (máximo dunha cara dun folio), un texto en galego e outro en castelán de tema libre. Cando os remate, páselles o corrector de OpenOffice e revíseos manualmente. Imprima os dous textos.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License