2.13 A diversidade lingüística no mundo e en España (aspectos teóricos)

Na actualidade, temos constancia dunhas 6.500 linguas vivas no mundo, das que a metade están a punto de desaparecer. A parte do mundo con máis diversidade lingüística é Oceanía. Bolivia é o país de Sudamérica onde máis linguas hai, ademais do quechua e do español, este último idioma oficial. Os Estados Unidos son o país de Norteamérica que máis linguas perdeu, debido á imposición do inglés. Isto significa que nos países onde outras linguas colonizaron se corre o perigo de perder o idioma propio.

A metade das linguas do mundo concéntranse en oito estados: Papúa Nova Guinea (832), Indonesia (731), Nixeria (515), A India (400), México (295), Camerún (286), Australia (268) e Brasil (234).

Malia o considerable número de linguas existentes e da necesidade de preservalas, poucas gozan dunha boa saúde. A globalización pode provocar que algunhas comunidades abandonen as súas linguas.

Linguas de España

En España fálanse varias linguas: o castelán, idioma oficial en todo o Estado; o catalán, que comparte cooficialidade co castelán en Cataluña e nas Illas Baleares, tamén o é na Comunidade Valenciana pero neste caso baixo a denominación de valenciano; o galego, que comparte cooficialidade co castelán en Galicia; o éuscaro (ou vasco) é cooficial co castelán no País Vasco e no terzo norte da Comunidade Foral de Navarra; o aranés, que comparte cooficialidade co castelán no Val do Arán e tamén, desde o 2006, en toda Cataluña xunto co catalán e o castelán.

 mapa mundo

Actividade proposta

Actividade proposta

S10.  Fíxese no mapa de Europa e responda ás cuestións, axudándose de enciclopedias escritas ou de recursos en rede coma a Galipedia, Wikipedia, etc.

  • Que linguas, a nivel oficial, se falan en Bélxica? E en Suíza?
  • Como pode apreciar, a diversidade lingüística é moi común noutros países, non só en España. Cre que esta diversidade é boa? Por que?

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License