2.5 Revisión de aspectos básicos da ortografía: a puntuación (aspectos teóricos)
Os signos de puntuación serven para indicar na escritura as pausas, tons de voz, matices que se dan na fala. No galego e no castelán actuais forman parte deste grupo de signos o punto, a coma, o punto e coma, os dous puntos, as parénteses, os corchetes, a raia, as comiñas, os signos de interrogación e exclamación e os puntos suspensivos.
Da puntuación depende en boa medida a comprensión óptima dos textos escritos; de aí que as normas que a regulan constitúan un aspecto básico da ortografía. E, malia non haber unhas regras fixas e pechadas no uso de todos os signos de puntuación, iso non significa que a puntuación sexa unha cuestión puramente subxectiva.
Uso dos signos de puntuación
-
Punto (.): indica unha pausa na fala. Hai tres clases de puntos:
- Punto e seguido: sinala que unha oración terminou e que continúa outra seguindo o mesmo tema.
- Punto e á parte: indica o final dun parágrafo no que se conteñen varias oracións co mesmo tema.
- Punto e final: marca o final dun texto.
-
Coma (,): sinala unha pausa máis breve ca a do punto. Úsase nos seguintes casos:
- Nas enumeracións, para separar os elementos que a forman.
- Cando se altera a orde lóxica da oración (suxeito, verbo e complementos).
- Cando se utilizan expresións como: é dicir, en realidade, non obstante, por exemplo, en primeiro lugar...
- Cando entre os elementos básicos dunha oración se introducen outros que explican, aclaran ou amplían a información.
- Non se debe usar a coma para separar os elementos dunha oración simple, aínda que sexa longa.
-
Punto e coma (;): indica unha pausa intermedia entre o punto e a coma. Úsase nestes casos:
- Nos parágrafos longos antes das conxuncións adversativas mais, pero, aínda que, non obstante...
- Se as oracións adversativas son moi curtas, é suficiente con separalas simplemente mediante unha coma.
- Nos parágrafos longos, para separar frases cando xa hai coma.
-
Dous puntos (:). Utilízanse nos seguintes casos:
- Para introducir citas textuais.
- Antes das enumeracións e dos exemplos.
- Despois do saúdo nunha carta u noutro documento.
-
Puntos suspensivos (...). Úsanse nas seguintes circunstancias:
- Cando se deixa incompleta unha enumeración, unha frase ou un texto.
- Cando, ao citar un texto, se suprime un fragmento, indícase con puntos suspensivos entre corchetes [...]
- Como recurso de estilo para dar sensación de suspense ou misterio. Tamén se emprega para indicar que un personaxe vacila, dubida ou é interrompido.
A interrogación, a exclamación e as comiñas
Lembreque despois dos signos de interrogación e exclamación non se escribe punto.
- Signos de interrogación (¿?): utilízanse ao final da pregunta, en galego, e ao principio e ao final, en castelán.
-
Signos de exclamación (¡!): úsanse cando se expresa unha orde, sorpresa, desexo ou emoción da persoa que fala. Igual que os signos de interrogación, os de exclamación utilízanse ao principio e ao final da frase en castelán e soamente ao final en galego.
-
Comiñas (“”). Empréganse nestes casos:
- Ao principio e ao final dunha cita textual.
- Para enmarcar, nas obras literarias de carácter narrativo, os textos que reproducen de xeito directo os pensamentos dos personaxes.
- Para chamar a atención do lector sobre algunha peculiaridade da voz ou expresión, que a distingue do resto dos compoñentes léxicos do enunciado. Sempre di que as “cocretas” dese mesón están riquísimas.
As parénteses, a raia e o guión
- Parénteses ( ): empréganse para indicar o principio e o final dunha aclaración.
-
Raia (–)Úsase nestas circunstancias:
-
Nos diálogos, para introducir as palabras dos personaxes cada vez que falan.
- Para indicar o principio e o fin dunha aclaración (como as parénteses).
-
-
Guión (-): emprégase cando é necesario dividir unha palabra e cambiar de liña porque non cabe. Nestes casos hai que seguir unhas normas: non se pode partir unha sílaba nin deixar vocais illadas, etc.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License