2.6 A oración gramatical: suxeito, predicado, concordancia (aspectos teóricos)
Nas unidades anteriores estivemos estudando as clases de palabras: o nome, o adxectivo, o pronome, etc. Estudamos a forma das palabras consideradas illadamente. Agora imos estudar os grupos de palabras que usamos para comunicarnos realmente.
A oración gramatical é a unidade mínima con sentido completo que usamos na comunicación. Se dicimos balsa auga flotar, con este grupo de palabras non conseguimos transmitir un sentido completo. En cambio, se dicimos A balsa flota na auga todos entenderán o que dicimos. A balsa flota na auga é unha oración.
Suxeito e predicado
Fíxese na seguinte oración:
O avión procedente de Bruxelas aterrou na pista número sete.
Suxeito Predicado
A oración consta de suxeito e predicado.
- Suxeito: infórmanos de quen realiza a acción do verbo. Ten un núcleorepresentado por un substantivo(avión).
- Predicado: é todo o que dicimos do suxeito. Ten un núcleorepresentado polo verbo(aterrou).
O suxeito e o verbo concordanen número (singular ou plural) e persoa (eu, ti, el/ela, nós, vós, eles/elas).
O suxeito pode aparecer ao final da oración:
Tres horas estiveron falando Manuela e Antón
Predicado Suxeito
Ás veces, o suxeito non aparece na oración dunha maneira explícita, porque está sobreentendido. Por exemplo: Vimos onte a televisión. Nesta oración non hai explicitamente unha palabra que faga de suxeito, aínda que polo verbo que usamos entendemos que o suxeito é “nós”. Neste caso, falamos de suxeito elípticoou tácito.
(Nós) __ Vimos onte a televisión
Suxeito elíptico Predicado
Tipos de oración simple pola intención do falante
As oracións pódense distinguir entre elas pola intención que o falante ten cando se expresa. Por exemplo, non é o mesmo dicir Ese rapaz é parvo? que Ese rapaz é parvo!
Deste xeito, podemos distinguir varios tipos de oracións simples segundo a intención do falante:
- Enunciativas (expresan, sen máis, feitos): Traballa na agricultura.
- Interrogativas (preguntan algo): Imos ao cine? Quen vén? Cando marchas?
- Volitivas (exprésase mandato, prohibición ou rogo): Ven aquí agora!
- Exclamativas ou emocionais (expresan sentimentos de sorpresa, temor, alegría: Que xeito de chover! Lembre que en galego os pronomes interrogativos e exclamativos non levan til.
Actividades propostas
S8. Nas seguintes oracións indique cal é o suxeito e o predicado.
|
|
|
|
|
|
|
|
S9. Nestas oracións hai erros de concordancia entre suxeito e predicado. Corríxaos.
|
|
|
|
|
|
|
|
S10. Clasifique as seguintes oracións simples atendendo á intención do falante:
-
-
Cala xa!:
-
Isto é unha trapallada!:
-
A que hora é o cine?:
-
Ana vai ao médico:
-
A muller de azul chámase Mercedes:
-
Quen che dixo iso?:
-
S11. Escriba dúas oracións enunciativas, dúas interrogativas, dúas volitivas e dúas exclamativas.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License