2.5 Normas ortográficas. O uso do c e do z (aspectos teóricos)

Estas dúas letras poden representar en galego o mesmo son (/θ/), que pronunciamos en palabras como zapato, cereixa, cidade, zona, zumbar.

  • Escríbese c coas vogais e e i. Exemplos: cebola, cereixa, céspede, cicel, cidade, cinceiro, cociña...
  • Escríbese z coas vogais a, o e u. Exemplos: rapaza, zoco, zume, azul, zorza... Fíxese como forman o plural as palabras rematadas en z: noz/noces; luz/luces; verniz/vernices; paz/paces; xuíz/xuíces...
  • Cando soa como /k/, escríbese c diante das consoantes c e t se van precedidos das vogais a, e, o. Exemplos: abstracción, reacción, abstracto, tractor, recto, colección, colecta...
  • Non se escribe ct nin cc cando van precedidas das vogais i ou u. Exemplos: aflición, condución, conduta, condutor, conflito, construción, construtor, contradición, dedución, dedutivo, delito, destrución, destrutor, dicionario, ditado, ditadura, ditar, estrito, estrutura, frutífero, frutificar, indución, indutor, introdutor, introdutorio, produción, produto, produtor, reconstrución, redución, reprodución, reprodutor, restrición, restritivo, tradutor...

Actividades propostas

S5. Escriba tres palabras nas que figuren as seguintes sílabas: za, ce, ci, zo, zu.

S6. Busque no dicionario e escriba dúas palabras que sexan da mesma familia destas palabras. Fíxese no exemplo inicial.

  • Construción: construtivo, construtor.
  • Destrución
  • Detectar:
  • Director:
  • Proxectar:

S7. Complete co substantivo correspondente:

  • Unha persoa que redacta é un .
  • Algo que serve de protección é un .
  • Alguén que se dedica á condución é un .
  • Unha muller que traballa na inspección é unha  .
  • Dicimos de algo que é instrutivo cando nos proporciona .
  • Unha persoa é correcta cando actúa con 
  

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License